martes, 8 de decembro de 2015

As 10 mellores películas do 2015

E as 10 mellores películas do 2015 (segundo o xornal Sermos Galiza) son...

FRANKENSTEIN-04155 http://www.sermosgaliza.gal/articulo/ao-vivo/frankenstein-04155-traxedia-nunca-ten-unica-causa/20151121151644042558.html

O DESCOÑECIDO http://www.sermosgaliza.gal/articulo/ao-vivo/desconocido-gran-filme-accion-nas-ruas-da-coruna/20150925124036041002.html

THE ASSASSIN http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/the-assassin/20151204154819042980.html

PHOENIX http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/phoenix-filme-sorpresa-da-temporada/20150626155707038606.html

A CANCIÓN DO MAR http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/cancion-do-mar/20150522140908037617.html

MAX MAX: FURIA NA ESTRADA http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/mad-max/20150529164056037818.html

CITIZENFOUR http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/citizenfour/20150410082340036423.html

EU, EL E RAQUEL http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/eu-raquel-cinema-indie-atipico/20151016195328041634.html

IT FOLLOWS https://www.facebook.com/criticadcinema/photos/a.364847176914129.79617.300758276656353/933705993361575/?type=3&theater

VIAXE A SILS MARIA 
https://www.facebook.com/criticadcinema/photos/a.364847176914129.79617.300758276656353/939221902809984/?type=3&theater

luns, 9 de novembro de 2015

10 PELÍCULAS QUE NON DEBES PERDER DO CINEUROPA COMPOSTELA

FRANKENSTEIN-04155
Imprescindíbel documental de Aitor Rei sobre o que non queren contar do fatídico accidente do Alvia-04155.  Docs-Cineuropa. Única proxección o 18 de novembro no Teatro Principal.

O FILLO DE SAUL (SON OF SAUL)
Gran Premio do Xurado en Cannes e unha das firmes candidatas para facerse co Óscar a Mellor Película Estranxeira. Sección Oficial. 9, 10 e 12 de novembro no Teatro Principal.

MACBETH
Marion Cotillard e Michael Fassbender nunha luxosa e violenta adaptación da obra de William Shakespeare. Sección Oficial. 13 de novembro no Salón Teatro / 14 e 16 de novembro no Teatro Principal.

LAGOSTA (THE LOBSTER)
Filme grego con reparto internacional que narra un futuro distópico no que ninguén pode quedar sen parella. Premio do Xurado en Cannes. Sección Oficial. 14, 16 e 17 de novembro no Teatro Principal.

AS MIL E UMA NOITES
Tríptico de Miguel Gomes que adapta a Portugal as historias de Sherezade baixo os títulos: “O inquieto”, “O desolado” e “O encantado”. Sección Oficial. Poderanse ver conxuntamente o 14 de novembro no Salón Teatro.
LA LOI DU MARCHÉ
Necesario filme sobre o mercado laboral no que Vincent Lindon acadou o Premio a Mellor Actor no pasado Festival de Cannes. Sección Oficial. 16 de novembro no Teatro Principal / 19 e 20 de novembro no Salón Teatro.

O CARTEIRO DAS NOITES BRANCAS
A Rusia profunda baixo a mirada de Andrei Konchalovsky (León de Prata en Venecia). Sección Oficial. 19 e 21 de novembro no Salón Teatro.

O NENO E A BESTA (THE BOY AND THE BEAST)
Anime xaponés do mestre Mamoru Hosoda. Fantastique Compostela. 27 de novembro no Salón Teatro / 28 e 29 de novembro no Teatro Principal.

COCHE POLICIAL (COP CAR)
Kevin Bacon en plan policía psicópata. Quen dixo que no Cineuropa Compostela non había momentos para desconectar e botar unhas risas? Panorama Internacional. 11 e 12 de novembro no Salón Teatro / 13 de novembro no Teatro Principal.

CUB
E tamén hai lugar para rarezas como este 'slasher' belga avalado co Premio ao Mellor Director (Jonas Govaerts) no Festival de Sitges. Fantastique Compostela. 23 e 27 de novembro no Teatro Principal.

Sermos Galiza Crítica de Cinema

martes, 4 de decembro de 2012

A CHAMADA xa en Youtube...

E con patrocinadores :)

Aínda que ate o día 12 mellor velo nesta enlace: A CHAMADA

A CHAMADA